Cart 0

Alex Bayorti

Showing the single result

Alex Bayorti

Por casualidades da vida, Alex Bayorti naceu en Santander, aínda que ben puido nacer no asento de atrás dun Renault 11 nalgunha estrada de calquera lugar, e é que a mudanza fixo parte da súa vida desde ben cativa.

Se houbo algo constante na súa existencia, iso si, foi a escrita que, ben por activa, ben por pasiva, a acompañou de vila en vila dentro da Península e máis aló das súas fronteiras.

Neste camiño sen fin de letras e asfalto foi deixando miliarios en cada parada, como relatos varios publicados en volumes colectivos e revistas ou a fundación da asociación editorial Nanas Ediciones Clandestinas, en 2012. Como a súa teima sempre foi a escrita, un bo día decidiu vivir diso e comezou a traballar como redactora de contidos para diversos medios, traballo co que continúa a comer a día de hoxe.

Ao pouco de chegar á Galiza fixo súa a lingua e a literatura do país, sendo fundadora do portal de literatura Lermos.gal e participando en diversas iniciativas culturais.

Este libro que tes nas mans é a súa primeira obra na lingua de Castelao, mais non a derradeira. Cando menos, con iso ameaza.