Cart 0

Xosé Duncan

Showing all 3 results

Xosé Duncan naceu nas Rías Baixas e foi vivir á Coruña sendo moi novo. Talvez por non gustar nunca da cidade, ou por outras causas menos confesábeis, pasaba a meirande parte do tempo fechado nun mundo imaxinario. Iso, xaora, non o fixo especial xa que hai feixes e feixes de persoas que medraron na mesma situación. O que non se lle pode negar é que o seu mundo imaxinario ten algo de especial, un moito de toda a súa xeración e un chisco de particular e orixinal.

Colaborou na revista Contos Estraños con varios relatos curtos e, nesa mesma editora, publicou a triloxía de fantasía épica As Crónicas de Bran. Nos últimos dous anos sacou á luz a novela curta de terror Hostal Norte e, hai cousa dunhas semanas, a distopía postapocalíptica de Negruña. Vive cunha certeza absoluta de que a morte agarda por el ao final do camiño e, por mor de traballar en algo que aborrece, non deixa pasar ocasión de verter os produtos do seu maxín sobre as desafiantes follas en branco que o retan desde a pantalla do seu portátil.