Cart 0

Xaime Iglesias González

Showing the single result

Xaime Iglesias González estudou Maxisterio e Xeografía e Historia. Mestre e profesor en varios centros de ensino, rematou a súa actividade docente no IES A Xunqueira II de Pontevedra, onde impartiu clases de Lingua e Literatura Galegas.

Por concurso de méritos, obtivo dúas licencias de estudos: unha permitiulle licenciarse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago (1979) e, durante a outra, realizou un traballo de investigación didáctica baixo o título “Coa palabra na boca: suxestións para traballar os refráns na aula” (2005).

Tamén foi seleccionado pola Consellería de Educación para a realización do proxecto “Algúns vulgarismos: proposta didáctica” (1994).

Pronunciou diversas charlas en galego e castelán. Estas últimas para universitarios alemáns de Passau que realizaban cursos de verán en Marín (1989-95).

Impartiu numerosos cursos de “Lingua Galega” para diversos colectivos e de “Xeografía e Historia de Galicia” facendo parte estes últimos dos cursos de especialización en Lingua Galega para Mestres, ambos organizados pola Consellería de Educación.

Realizou colaboracións de prensa en xornais e revistas como “Diario de Pontevedra”, “Bululú”, “Voluntariado de Coia” e “Cedofeita” que publica a Asociación Cultural Cedofeita de Lérez, entidade da que foi o presidente fundador.

Colaborou na elaboración de “guías de lectura” publicadas pola Consellería de Cultura (1993) e participou cun artigo sobre Barriga Verde na “Encyclopédie Mondiale des arts de la Marionnette” (2009).

Publicou “Cruceiros do concello de Moaña” (1981), textos para o ensino básico (“Sociedade 3”, “Sociedade 4”, “Sociedade 5” da editorial Santillana), así como as súas correspondentes guías didácticas (1990), “Barriga Verde, un persoeiro con engado” (2001) e “José Silvent Martínez, o mítico Barriga Verde” (2014).

Adaptou e traduciu ó galego as guías didácticas de “Sociedade 6”, “Sociedade 7” e “Sociedade 8”, da editorial Santillana (1991)