Cart 0

William Morris

Showing all 2 results

William Morris (1834-1896) destacou en múltiples facetas artísticas, como a arquitectura, o deseño de mobiliario, o deseño téxtil e, por suposto, a literatura, asociado á corrente inglesa da “Irmandade Prerrafaelita”. Como literato destacou na poesía, na tradución e na narrativa, sendo un dos creadores do xénero fantástico moderno, cunha clara influencia posterior sobre J.R.R. Tolkien. Na súa narrativa fantástica destaca o gusto polo medievalismo, elemento que será recorrente nos cultivadores posteriores do xénero, e que se observa claramente en novelas como News from Nowhere, The Well at the Word’s End The Wood Beyond the World, editado este último por Urco. No eido político, Morris foi un destacado socialista que participou activamente na loita de clases da inglaterra do seu tempo, dentro da Socialist’s League, e actuou como mediador nas Revoltas de Trafalgar Square de 1886.

William Morris
William Morris (1834-1896) destacou en múltiples facetas artísticas, como a arquitectura, o deseño de mobiliario, o deseño téxtil e, por suposto, a literatura, asociado á corrente inglesa da "Irmandade Prerrafaelita". Como literato destacou na poesía, na tradución e na narrativa, sendo un dos creadores do xénero fantástico moderno, cunha clara influencia posterior sobre J.R.R. Tolkien. Na súa narrativa fantástica destaca o gusto polo medievalismo, elemento que será recorrente nos cultivadores posteriores do xénero, e que se observa claramente en novelas como News from Nowhere, The Well at the Word's End The Wood Beyond the World, editado este último por Urco. No eido político, Morris foi un destacado socialista que participou activamente na loita de clases da inglaterra do seu tempo, dentro da Socialist's League, e actuou como mediador nas Revoltas de Trafalgar Square de 1886.