Cart 0

Vanesa Santiago Vázquez

Showing the single result

Un día nacín. Chamáronme Vanesa. Saín torradiña da fornada de 1983, cando Internet era embrionaria e nas pantallas estreaban futuros mitos como O equipo A ou O retorno do Jedi. Son de Fontán, un lugar onde todo é posíbel, coa súa praia, o seu castelo, as súas casas como balcóns sobre o porto, o seu Nordés, mar aos pés… Gusto de apampar mirando ese mar, sacar fotografías de zapatos, e pintar espirais nas marxes dos cadernos. Teño un papel estampado que di que son bibliotecaria (e documentalista), así que cando me deixan (a cousa está frouxa) traballo rodeada de libros. Tamén os leo, ás veces a pares, e sospeito que son alérxica ao po que acumulan, pero non temo á morte. Hai pouco descubrín que nunca daba lido o que tes entre as mans. Por iso tiven que escribilo.

Vanesa Santiago Vázquez
Un día nacín. Chamáronme Vanesa. Saín torradiña da fornada de 1983, cando Internet era embrionaria e nas pantallas estreaban futuros mitos como O equipo A ou O retorno do Jedi. Son de Fontán, un lugar onde todo é posíbel, coa súa praia, o seu castelo, as súas casas como balcóns sobre o porto, o seu Nordés, mar aos pés... Gusto de apampar mirando ese mar, sacar fotografías de zapatos, e pintar espirais nas marxes dos cadernos. Teño un papel estampado que di que son bibliotecaria (e documentalista), así que cando me deixan (a cousa está frouxa) traballo rodeada de libros. Tamén os leo, ás veces a pares, e sospeito que son alérxica ao po que acumulan, pero non temo á morte. Hai pouco descubrín que nunca daba lido o que tes entre as mans. Por iso tiven que escribilo.