Cart 0

Uxía Casal Silva

Showing the single result

Santiago de Compostela, 1957.
Licenciouse en Xeografía e Historia e mais Filoloxía Hispánica ao tempo que impartía clases de francés e de literatura nas Aulas da Terceira Idade e de español durante dous cursos de verán para estranxeiros na USC. En 1984 marchou para Ourense onde deu aulas de Lingua e Literatura Galegas até que en 2003 se xubilou por problemas de saúde.
A afección polas historias vénlle de cativa e xa desde mociña sentiu o desexo de inventar as súas propias historias. Daqueles primeiros balbucidos non conserva nada, destruíunos un día no que a enchía a febre limpadora.
Escritora lenta, que goza xogando coas palabras e imaxinando situacións que se desenvolven paseniñamente, intenta coa escrita que o lector se entreteña e perciba a música de fondo que pretende imprimir ás súas obras.
Ten publicado: Un ano de fábula en catro estacións (Sotelo Blanco, 1994), As ás de Xenoveva (Galaxia, 1996), O faro de Arealonga (Xerais, 2001), Sede en Ourense (Galaxia, 2005) e Vidas exemplares (Xerais, 2006).

Uxía Casal Silva
Santiago de Compostela, 1957. Licenciouse en Xeografía e Historia e mais Filoloxía Hispánica ao tempo que impartía clases de francés e de literatura nas Aulas da Terceira Idade e de español durante dous cursos de verán para estranxeiros na USC. En 1984 marchou para Ourense onde deu aulas de Lingua e Literatura Galegas até que en 2003 se xubilou por problemas de saúde. A afección polas historias vénlle de cativa e xa desde mociña sentiu o desexo de inventar as súas propias historias. Daqueles primeiros balbucidos non conserva nada, destruíunos un día no que a enchía a febre limpadora. Escritora lenta, que goza xogando coas palabras e imaxinando situacións que se desenvolven paseniñamente, intenta coa escrita que o lector se entreteña e perciba a música de fondo que pretende imprimir ás súas obras. Ten publicado: Un ano de fábula en catro estacións (Sotelo Blanco, 1994), As ás de Xenoveva (Galaxia, 1996), O faro de Arealonga (Xerais, 2001), Sede en Ourense (Galaxia, 2005) e Vidas exemplares (Xerais, 2006).