Tomás González Ahola

Mostrando tódolos 2 resultados

Tomás V. González Ahola naceu en Cobres, Vilaboa, o 14 de febreiro de 1981 e polo momento aínda non ten pensado abandonar este mundo.
Licenciouse en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén cursou estudos de posgrao en Teoría da Literatura e Literatura Comparada.
A súa inquietude, que ás veces chega a niveis próximos á enfermidade, levouno a aprender e exercer toda clase de oficios, como o de músico de verbena e sesión vermú, electricista non cualificado, editor idealista, impresor sen título e ultimamente, escritor de mentiras.
No ano 2006 fundou Urco Editora, onde seica aínda traballa ás veces. En 2008 tamén foi responsábel do nacemento de Sacauntos Cooperativa Gráfica, unha imprenta que fornece de libros baratos a media industria editorial galega. En 2011, produto dunha insolación grave, decide fundar a empresa editorial Contos Estraños, xunto co escritor e colega Fernando M. Cimadevila, por se non lle chegaba cunha soa editora.

A súa primeira novela, Galiza Mutante: Poder Nuclear! publicouse cun pé un Urco e outro en Contos Estraños, no ano 2013. Despois viñeron Alaia e a deusa (Urco 2014), Derradeiro bis en catro-corenta (Redelibros 2015) e Da fría e distante Estrela Polar (Urco 2016).
Ultimamente pasa todo o tempo que o traballo lle permite na comarca de Fisterra, saltando entre os cons na procura dalgunha criatura mariña que se levar á boca e tecendo historias que oscilan entre o arrepío e o espanto. Así e todo, sabe que nun futuro non moi afastado as autoridades acabarán por prendelo e recluílo nun zoolóxico tras dun cartaz de advertencia que poña «Non dean de comer aos escritores».

Tomás González Ahola
Tomás V. González Ahola naceu en Cobres, Vilaboa, o 14 de febreiro de 1981 e polo momento aínda non ten pensado abandonar este mundo. Licenciouse en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén cursou estudos de posgrao en Teoría da Literatura e Literatura Comparada. A súa inquietude, que ás veces chega a niveis próximos á enfermidade, levouno a aprender e exercer toda clase de oficios, como o de músico de verbena e sesión vermú, electricista non cualificado, editor idealista, impresor sen título e ultimamente, escritor de mentiras. No ano 2006 fundou Urco Editora, onde seica aínda traballa ás veces. En 2008 tamén foi responsábel do nacemento de Sacauntos Cooperativa Gráfica, unha imprenta que fornece de libros baratos a media industria editorial galega. En 2011, produto dunha insolación grave, decide fundar a empresa editorial Contos Estraños, xunto co escritor e colega Fernando M. Cimadevila, por se non lle chegaba cunha soa editora. A súa primeira novela, Galiza Mutante: Poder Nuclear! publicouse cun pé un Urco e outro en Contos Estraños, no ano 2013. Despois viñeron Alaia e a deusa (Urco 2014), Derradeiro bis en catro-corenta (Redelibros 2015) e Da fría e distante Estrela Polar (Urco 2016). Ultimamente pasa todo o tempo que o traballo lle permite na comarca de Fisterra, saltando entre os cons na procura dalgunha criatura mariña que se levar á boca e tecendo historias que oscilan entre o arrepío e o espanto. Así e todo, sabe que nun futuro non moi afastado as autoridades acabarán por prendelo e recluílo nun zoolóxico tras dun cartaz de advertencia que poña «Non dean de comer aos escritores».