Roberto Fernández Álvarez

Roberto Fernández Álvarez (Chantada, 1967), estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e fixo a especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria en Ourense, exercendo na actualidade como médico en Allariz.

Membro do grupo Comunicación y Salud, é autor de varios estudos no eido da entrevista clínica e da historia da sanidade. Traballa nun enfoque da mesma que ten máis en conta a perspectiva do paciente e o impacto real da acción sanitaria na sociedade.

Doutor pola Universidade de Santiago cunha tese de historia da Medicina codirixida polo investigador David Simón Lorda, recibiu, nese eido, o premio da revista Medicina General y de Familia ao mellor orixinal, no ano 2009; o premio Cabaleiro Goás do ano 2013, e foi finalista do premio Uriach de Historia da Medicina.

Na actualidade continúa inmerso en traballos de investigación cualitativa, como o proxecto Banco de Lembranzas, que trata de recoller e sistematizar historias de vida das persoas maiores de

Non se atoparon produtos que concorden coa selección.