Roberto A. Rodrigues

Mostrando tódolos 2 resultados

Ao día seguinte de se licenciar en Dereito, Roberto A. Rodrigues decátase de que a súa vocación non está nas leis e decide facer a maleta para lle procurar sentido á súa vida. Logo de dar tombos de aquí a acolá, atopa por casualidade aquilo que tanto devecera, o que realmente quere facer co seu tempo, que non é outra cousa que deixar saír do seu maxín todos os seres que o habitan.

Até o de agora abrollaron homes-polo, espantallos terroríficos, guerreiros-paxaro, caranguexos iracundos… mais, alén do remuíño, unha riola de seres pérdese no horizonte da súa cabeza agardando a súa quenda. Dende entón, xa nunca está só.