Cart 0

Martinho Terrafría

Showing all 11 results

Martinho Terrafria é un paisano fuxidío, deses que non gustan das cámaras e dos eventos sociais. Así e todo, leva moito tempo observando e interactuando co mundo editorial, a saber con que malvado propósito. Porén, unha vez púidolle o seu ego desmesurado e cometeu un único desliz que fixo público o seu nome: a publicación da colección infantil “Os libros da merenda” (Urco editora 2014), en colaboración co seu camarada o ilustrador Vladimir Zatonski. A día de hoxe ninguén coñece o seu paradoiro, nin sequera a boa xente de Urco Editora, que lle envía regularmente os seus cheques de dereitos de autoría para que poida seguir vivindo.

Martinho Terrafría
Martinho Terrafria é un paisano fuxidío, deses que non gustan das cámaras e dos eventos sociais. Así e todo, leva moito tempo observando e interactuando co mundo editorial, a saber con que malvado propósito. Porén, unha vez púidolle o seu ego desmesurado e cometeu un único desliz que fixo público o seu nome: a publicación da colección infantil "Os libros da merenda" (Urco editora 2014), en colaboración co seu camarada o ilustrador Vladimir Zatonski. A día de hoxe ninguén coñece o seu paradoiro, nin sequera a boa xente de Urco Editora, que lle envía regularmente os seus cheques de dereitos de autoría para que poida seguir vivindo.