Cart 0

Mariña Pérez Rei

Showing the single result

Mariña Pérez Rei, escritora amesá afincada en Santiago de Compostela. É licenciada en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía Galego-portuguesa. Actualmente exerce como docente de Lingua e Literatura Galega. Entre a súa obra publicada destaca a poesía e a novela curta. Tamén escribe en xornais con artigos de opinión e colabora con diversas agrupacións musicais.

No ano 2005 acada o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón polo libro Fanerógama. No 2006 obtén o premio Manuel Lueiro Rei por Canícula, novela de ambientación futurista. No 2009 publica o libro de poesía en edición limitada e artesanal: Apuntamentos para un cuarto confuso e cambiante. Un ano despois publica o libro de poesía Paquidermo. Obtén o premio de relato de aventuras Antón Avilés de Taramancos coa narración Costa necrópole. Escenarios para deslembrar. No 2012 publica a novela Contrapicados e no 2014 publica en autoedición da autora o libro de poesía e fotografía Boca de gárgola.