María Lado

Mostrando o único resultado

María Lado naceu no coche dun taxista de Cee a noite do 14 de abril do 1979, camiño de Compostela. Comezou a escribir entre as xentes do Batallón Literario da Costa da Morte, onde participou nos tres libros editados polo colectivo.
Como poeta ten publicados seis libros individuais: A primeira visión (1997), casa atlántica casa cabaret (2002), berlín (2005), Nove (2008), Amantes (2011) e oso, mamá, si? (2015) que foi escollido mellor libro de poesía na I Gala do Libro Galego. Tamén é autora do conto para crianzas Porque Cuqui non quere ir á lavadora (2014) e da novela xuvenil Entre os dous hai un río (2016).
Textos seus foron publicados en castelán, portugués, catalán, ruso, croata e irlandés. Outros aparecen en discos, curtas ou documentais.
Pero tanto como escribir gústalle recitar. Desde o ano 2005 mantén coa poeta Lucía Aldao varios espectáculos co nome «Aldaolado», cos que percorren escenarios do máis diverso, desde teatros até palcos de festa.

María Lado
María Lado naceu no coche dun taxista de Cee a noite do 14 de abril do 1979, camiño de Compostela. Comezou a escribir entre as xentes do Batallón Literario da Costa da Morte, onde participou nos tres libros editados polo colectivo. Como poeta ten publicados seis libros individuais: A primeira visión (1997), casa atlántica casa cabaret (2002), berlín (2005), Nove (2008), Amantes (2011) e oso, mamá, si? (2015) que foi escollido mellor libro de poesía na I Gala do Libro Galego. Tamén é autora do conto para crianzas Porque Cuqui non quere ir á lavadora (2014) e da novela xuvenil Entre os dous hai un río (2016). Textos seus foron publicados en castelán, portugués, catalán, ruso, croata e irlandés. Outros aparecen en discos, curtas ou documentais. Pero tanto como escribir gústalle recitar. Desde o ano 2005 mantén coa poeta Lucía Aldao varios espectáculos co nome «Aldaolado», cos que percorren escenarios do máis diverso, desde teatros até palcos de festa.