Jorge Emilio Bóveda

Mostrando tódolos 3 resultados

Nun sistema literario anglosaxón eu sería George E. Vault. Pero aquí, neste limbo cultural con varias botas na cabeza, son un simple Jorge Emilio Bóveda. Para que logo digan que non molan máis os nomes ‘amerricanos’ ca os propios. Véxase a grosa liña que separa, por exemplo, Candy’s fruit de Froitería Maite.

Co meu nome vulgar, e tan de veciño do quinto, comecei a escribir impulsivamente a finais dos anos noventa, logo de dúas circunstancias persoais que os mitómanos do futuro remoto, se os hai, poderán inventar a gusto.

Dende o principio concedín preeminencia ao fondo sobre a forma. O que non me supuxo problemas existenciais pero si me trouxo moitas anécdotas e incluso me levou a sufrir algún etiquetazo como ‘desleixado’ ou ‘excretor’. O bo de todo aquilo foi que tamén me levou a crerme que cada libro era un proxecto de aprendizaxe cara o seguinte (nota mental: inda hoxe me ocorre isto).

Con estes vimbios, e armado cunha paciencia que me viña de serie (B) fixen nove edicións do meu peto sobre variados temas que me desacougan, entre a ficción e o ensaio e a divulgación, entre o comportamento social, a existencia e a introspección.

Nove autoedicións máis tarde, e logo de ser teimudo coma un burro, coñecín ao editor David González Couso, con quen moito falei de literatura, e quen me alentou e me apertou ata comezar a ‘ser publicado’, podendo deixar todo o meu tempo aos ‘autoescritos’ e deixar as autoedicións. Era o ano 2010 e daquela a terra dera trinta e cinco voltas ao redor do sol dende que miña nai me puxera na terra. O resto a partir de aló foi unha enumeración de traballos que fixo ‘as delicias’ da crítica e/ou público. Pero para min non so é importante enumerar as obras e bla, bla, bla, senón tamén os fitos máis salientables dende aquel ano 2010 como foi, por exemplo, coñecer a Ramón Caride Ogando, co que moito falei de ficción científica, de autores, tendencias e libros, e grazas a quen fixen o ensaio A xanela insólita e experimentei meu desacougo vital en xéneros como a ficción científica ou o policial.

Jorge Emilio Bóveda

Nun sistema literario anglosaxón eu sería George E. Vault. Pero aquí, neste limbo cultural con varias botas na cabeza, son un simple Jorge Emilio Bóveda. Para que logo digan que non molan máis os nomes 'amerricanos' ca os propios. Véxase a grosa liña que separa, por exemplo, Candy's fruit de Froitería Maite.

Co meu nome vulgar, e tan de veciño do quinto, comecei a escribir impulsivamente a finais dos anos noventa, logo de dúas circunstancias persoais que os mitómanos do futuro remoto, se os hai, poderán inventar a gusto.

Dende o principio concedín preeminencia ao fondo sobre a forma. O que non me supuxo problemas existenciais pero si me trouxo moitas anécdotas e incluso me levou a sufrir algún etiquetazo como 'desleixado' ou 'excretor'. O bo de todo aquilo foi que tamén me levou a crerme que cada libro era un proxecto de aprendizaxe cara o seguinte (nota mental: inda hoxe me ocorre isto).

Con estes vimbios, e armado cunha paciencia que me viña de serie (B) fixen nove edicións do meu peto sobre variados temas que me desacougan, entre a ficción e o ensaio e a divulgación, entre o comportamento social, a existencia e a introspección.

Nove autoedicións máis tarde, e logo de ser teimudo coma un burro, coñecín ao editor David González Couso, con quen moito falei de literatura, e quen me alentou e me apertou ata comezar a 'ser publicado', podendo deixar todo o meu tempo aos 'autoescritos' e deixar as autoedicións. Era o ano 2010 e daquela a terra dera trinta e cinco voltas ao redor do sol dende que miña nai me puxera na terra. O resto a partir de aló foi unha enumeración de traballos que fixo 'as delicias' da crítica e/ou público. Pero para min non so é importante enumerar as obras e bla, bla, bla, senón tamén os fitos máis salientables dende aquel ano 2010 como foi, por exemplo, coñecer a Ramón Caride Ogando, co que moito falei de ficción científica, de autores, tendencias e libros, e grazas a quen fixen o ensaio A xanela insólita e experimentei meu desacougo vital en xéneros como a ficción científica ou o policial.