Cart 0

Jaime Asensi

Showing the single result

JAIME ASENSI (Vilagarcía de Arousa, 1957). Traballa dende os anos 80 en ilustración, deseño gráfico e cómic.

No eido do deseño gráfico e a maquetación traballa dende os anos 80 en axencias e estudios de deseño en Madrid, A Coruña e Santiago de Compostela.

En 2003 ilustra o poemario de Álvaro Gómez La noche azul, no 2004 adapta a BD a peza teatral Ubu rey, de Alfred Jarry, que publica na editorial Edicións de Ponent. Ilustrou os contos Vanesa non quere ser princesa de Xosé Antonio Perozo (2004), Tom e Mix, os cabalos de Clara, de Francisco López-Barxas (2009) ou Monadas, de Luce Moreau-Arrabal (2009), en 2010 adapta a obra de F. Arrabal PIC-NIC a cómic, entre outros. Colabora co Consorcio de Santiago ilustrando os libros da colección “Historias de Santiago”, e coa revista Galegos de Ézaro Ediciones, na sección “Persoeiros”. Ten colaborado con editoriais como Ediciones Libertarias, Ediciós do Castro, Ir Indo, Sotelo Blanco, Auga Editora, Edicións Xerais, Editorial Galaxia, Everest Galicia, Libros del Innombrable, etc.