Jack London

Mostrando tódolos 5 resultados

Jack London naceu en California, lugar onde transcorren varias das historias que escribiu. Naqueles tempos de finais do século dezanove, a tolemia do ouro levou a moitos americanos, incluído London, ao norte do Canadá na procura de fortuna. Este espírito de eterno aventureiro, que o acompañou toda a vida, deu ás e alicerces a algunhas das súas máis afamadas historias, como Cabeiro branco ou A chamada do salvaxe.

Ademais de buscador de ouro e escritor, Jack tamén foi xornalista, profesión coa que chegou até o Xapón como reporteiro de guerra.

As súas vivencias e lecturas levárono a pensar que todos os seres humanos debemos ser iguais, polo que abrazou a ideoloxía socialista, nun tempo no que nos Estados Unidos de América aínda non era perseguida, e a profesar o ateísmo, algo que a día de hoxe é moi común pero que no seu tempo non o era tanto. Tan avanzado era o seu pensamento que mesmo foi un activista a prol dos dereitos dos animais, acérrimo inimigo dos circos, que naquela altura ―e aínda agora― adoitaban levar nas súas caravanas especies salvaxes.

Aínda que as súas aventuras na procura de ouro tamén o levaron a unha saúde feble, que remataría coa súa vida á curta idade de corenta anos, deixounos a todas e todos nós un legado inesquecíbel de palabras das que xa levamos gozando todo un século, e todos os que están por vir.