Cart 0

Isidro Novo

Showing the single result

Ama a poesía: Dende unha nada núa e Esteiro de noites falecidas, pero tamén escribe narrativa curta: Carne de can, Antollos de Eimarmena e Cabalos do demo e outros invertebrados, ademais ten novelado repetidas veces antes desta e por variados camiños: Teaza de brétema, Por unha presa de machacantes, Súa de si, Rosa lenta, Un escuro rumor tralo silencio e Sinistra deixa. Incluso tivo contacto coa tradución, pasando a galego Los hidalgos de Monforte de Benito Vicetto e, por encarga da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega, tamén se ocupou da escrita do libro de viaxes literarias O Courel de Novoneyra. Eidos de ollarollar. Así mesmo, co apoio da citada Asociación, da que foi vogal por Lugo até rematado 2016, puxo en marcha a sección Palabras con memoria, onde se recollen as palabras clandestinas, as que non aparecen nos dicionarios, e a día de hoxe xa foron albergadas no web da AELG máis de mil trescentas.

Nas festas do Patrón do ano pasado, en colaboración con Antonio Reigosa e os asistentes ao Obradoiro de Narración Oral patrocinado polo Concello de Lugo, veu a luz Memorias do san Froilán, o último libro no que participou antes desta nova entrega individual.

Isidro Novo
Ama a poesía: Dende unha nada núa e Esteiro de noites falecidas, pero tamén escribe narrativa curta: Carne de can, Antollos de Eimarmena e Cabalos do demo e outros invertebrados, ademais ten novelado repetidas veces antes desta e por variados camiños: Teaza de brétema, Por unha presa de machacantes, Súa de si, Rosa lenta, Un escuro rumor tralo silencio e Sinistra deixa. Incluso tivo contacto coa tradución, pasando a galego Los hidalgos de Monforte de Benito Vicetto e, por encarga da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega, tamén se ocupou da escrita do libro de viaxes literarias O Courel de Novoneyra. Eidos de ollarollar. Así mesmo, co apoio da citada Asociación, da que foi vogal por Lugo até rematado 2016, puxo en marcha a sección Palabras con memoria, onde se recollen as palabras clandestinas, as que non aparecen nos dicionarios, e a día de hoxe xa foron albergadas no web da AELG máis de mil trescentas. Nas festas do Patrón do ano pasado, en colaboración con Antonio Reigosa e os asistentes ao Obradoiro de Narración Oral patrocinado polo Concello de Lugo, veu a luz Memorias do san Froilán, o último libro no que participou antes desta nova entrega individual.