George Griffith

Mostrando o único resultado

George Griffith (1857-1906) foi un escritor de ciencia ficción e fantasía moi prolífico e existoso na súa Inglaterra natal. Como se dunha especie de antecesor dos escritores pulp se tratase, publicou sobre todo en revistas, xa for relatos curtos ou novelas por entregas. En moitas ocasións publicaría máis adiante os seus relatos en formato libro.

A súa postura vital e política foi sempre manifesta na súa creación, polo que o éxito que acadou no Reino Unido non tivo o mesmo alcance noutros países cunha poboación que non vía con bos ollos os seus idearios socialistas e revolucionarios. Porén, máis alá das súas crenzas persoais, foi un escritor rico e expresivo que tirou proveito da súa riquísima imaxinación sempre que tivo a oportunidade.

Como bo inglés vitoriano, tamén dedicou parte da súa vía á exploración, o que lle serviu de inspiración para as súas obras.

George Griffith
George Griffith (1857-1906) foi un escritor de ciencia ficción e fantasía moi prolífico e existoso na súa Inglaterra natal. Como se dunha especie de antecesor dos escritores pulp se tratase, publicou sobre todo en revistas, xa for relatos curtos ou novelas por entregas. En moitas ocasións publicaría máis adiante os seus relatos en formato libro. A súa postura vital e política foi sempre manifesta na súa creación, polo que o éxito que acadou no Reino Unido non tivo o mesmo alcance noutros países cunha poboación que non vía con bos ollos os seus idearios socialistas e revolucionarios. Porén, máis alá das súas crenzas persoais, foi un escritor rico e expresivo que tirou proveito da súa riquísima imaxinación sempre que tivo a oportunidade. Como bo inglés vitoriano, tamén dedicou parte da súa vía á exploración, o que lle serviu de inspiración para as súas obras.