Cart 0

Fernando Méndez

Showing the single result

Fernando Méndez é un xornalista e escritor ourensán. En 27 anos de experiencia profesional traballou nos xornais Faro de Vigo e La Región nas áreas de xudicial, sanidade e sociedade. Colaborou en Televisión de Galicia, Tiempo, Radio Nacional, Interviú, El Observador e Cambio 16, e desempeñou cargos de xefe de prensa e director de comunicación na Xunta de Galicia e no Parque Tecnolóxico de Galicia. Ten un mestrado en Drogodependencias e é membro da Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE) e da Federación Internacional de Periodistas (FIP).

Ten os seguintes premios:

-Premio Nacional «Reina Sofía» de Xornalismo (1992 e 1993)

-Premio Xunta de Galicia de Xornalismo en Drogodependencias (1990, 1991 e 1995)

-Premio Nacional de Xornalismo «Julio Camba» (1991)

-Finalista do Premio de investigación xornalística «Rodolfo Walsh»(1999)

-Premio «Vicente Risco» de Creación Literaria (2010)

-Premio Internacional Latin Heritage Foundation (Estados Unidos, 2011)

Foi finalista tamén en: IV Premio Literario Qué Leer – Volkswagen (2011); XX Premio Edebé de Literatura Xuvenil (2012); Premio da Asociación Galega de Editores á mellor novela, pola súa obra Deus xogando aos dados (2012); XXXII Premio Felipe Trigo de Novela (2012).

-Premio internacional de investigación xornalística Ana María Agüero Melnyczuk polo Caso Metílico (Arxentina, 2013).

-VI Premio de Novela «Ciudad de Almería» por Nunca guardes las cosas rotas (2014).

-Premio «Ramón Puga», Radio Ourense Cadena Ser, á mellor novela pola obra Cuatro esquinitas tiene mi cama (2014).