Edwin A. Abbott

Mostrando o único resultado

Edwin A. Abbott (1838-1926) é coñecido por ser profesor, escritor e teólogo, mais especialmente pola súa obra Planilandia, unha novela de moitas dimensións.

Abbott estudou na City of London School e no St. John’s College, para rematar os seus estudos de obras clásicas, matemáticas e teoloxía na Universidade de Cambridge. Ordeouse en 1862 e, tres anos despois, con só 26 anos de idade, chega a ser director da City of London School. En 1876 acada un importante cargo teolóxico (Huslean lecturer) dentro da Igrexa de Inglaterra. Planilandia é a súa obra máis sobranceira, malia que inicialmente a asinou co seudónimo A. Square (Un Cadrado) por considerala unha obra menor dentro da súa creación, x que el era principalmente teólogo e estudoso de Shakespeare.

Con Planilandia Abbott intenta popularizar as nocións de xeometría multidimensional ao tempo que fai unha sátira dos valores sociais, morais e relixiosos da súa época.

Edwin A. Abbott
Edwin A. Abbott (1838-1926) é coñecido por ser profesor, escritor e teólogo, mais especialmente pola súa obra Planilandia, unha novela de moitas dimensións. Abbott estudou na City of London School e no St. John's College, para rematar os seus estudos de obras clásicas, matemáticas e teoloxía na Universidade de Cambridge. Ordeouse en 1862 e, tres anos despois, con só 26 anos de idade, chega a ser director da City of London School. En 1876 acada un importante cargo teolóxico (Huslean lecturer) dentro da Igrexa de Inglaterra. Planilandia é a súa obra máis sobranceira, malia que inicialmente a asinou co seudónimo A. Square (Un Cadrado) por considerala unha obra menor dentro da súa creación, x que el era principalmente teólogo e estudoso de Shakespeare. Con Planilandia Abbott intenta popularizar as nocións de xeometría multidimensional ao tempo que fai unha sátira dos valores sociais, morais e relixiosos da súa época.