Cart 0

Eduardo Santiago

Showing the single result

Eduardo Santiago naceu no ano 1964 en Pontevedra, nunha aldea de Salcedo chamada O Casal, e deuse a coñecer no ámbito cultural galego en Vigo, no ano 2012, coa publicación da novela de ficción científica “2044”.

Lector compulsivo desde a adolescencia, máis tamén apaixonado das matemáticas, comezou a dar mostras da súa inclinación pola utopía, entendida como modelo alternativo afastado da realidade pero que critica esa mesma realidade, cando no ano 1982 o seu traballo foi seleccionado polo comité español para a participación na Segunda Conferencia das Nacións Unidas sobre a exploración e utilización do espazo extraterrestre con fins pacíficos.

Pero non foi até o ano 2004, cando xa tiña 40 anos de idade, que rematou de escribir a súa primeira novela, concibida inicialmente co título «O 4 do 4» pero que rematou por publicarse como 2044. No entanto, a novela non vería a luz até o ano 2012, cando o autor xa andaba polos 48 de idade. Casualidades matemáticas ou simbolismo racional?

A teoría do tempo imaxinario é a súa segunda novela de ficción científica.

Eduardo Santiago
Eduardo Santiago naceu no ano 1964 en Pontevedra, nunha aldea de Salcedo chamada O Casal, e deuse a coñecer no ámbito cultural galego en Vigo, no ano 2012, coa publicación da novela de ficción científica “2044”. Lector compulsivo desde a adolescencia, máis tamén apaixonado das matemáticas, comezou a dar mostras da súa inclinación pola utopía, entendida como modelo alternativo afastado da realidade pero que critica esa mesma realidade, cando no ano 1982 o seu traballo foi seleccionado polo comité español para a participación na Segunda Conferencia das Nacións Unidas sobre a exploración e utilización do espazo extraterrestre con fins pacíficos.