Cart 0

Cris Pavón

Showing all 2 results

A Coruña, nadal de 1962.
Aos 3 días abriu os ollos.
Aos 3 anos aprendeu a ler, e a contar.
Aos 33 decidiu escribir en serio, mais con humor.
Aos 39, máis en serio aínda, púxose coa primeira novela, Limiar de conciencia.
Logo de 3+3 anos deuna por rematada. O proceso, seica, transformouna en escritora. É, amais, a súa 3ª obra publicada. As outras dúas son a novela Sangue 12 (Urco Editora, 2014) e o libro de relatos Á busca da orixe perdida das especies (Laiovento, 2015).
Nega calquera tipo de obsesión con calquera número, malia recoñecer que o binario deixou pegada nela.
Lectora precoz e escritora serodia, na súa narrativa aborda, mediante argumentos realistas ou fantásticos, a construción e o esboroar da identidade, a erosión do eu, e o papel que xogan a memoria e a linguaxe neses procesos.
Recibiu os seguintes premios literarios: Premio relato curto Liceo de Noia (2008), 1º premio de relato da Asociación Mulleres Progresistas de Vigo (2009), o Premio no Certame Nacional de narracións breves Modesto Figueiredo 2013 e o XX premio Ricardo Carvalho Calero de Creación Literaria en 2014

Cris Pavón
A Coruña, nadal de 1962. Aos 3 días abriu os ollos. Aos 3 anos aprendeu a ler, e a contar. Aos 33 decidiu escribir en serio, mais con humor. Aos 39, máis en serio aínda, púxose coa primeira novela, Limiar de conciencia. Logo de 3+3 anos deuna por rematada. O proceso, seica, transformouna en escritora. É, amais, a súa 3ª obra publicada. As outras dúas son a novela Sangue 12 (Urco Editora, 2014) e o libro de relatos Á busca da orixe perdida das especies (Laiovento, 2015). Nega calquera tipo de obsesión con calquera número, malia recoñecer que o binario deixou pegada nela. Lectora precoz e escritora serodia, na súa narrativa aborda, mediante argumentos realistas ou fantásticos, a construción e o esboroar da identidade, a erosión do eu, e o papel que xogan a memoria e a linguaxe neses procesos. Recibiu os seguintes premios literarios: Premio relato curto Liceo de Noia (2008), 1º premio de relato da Asociación Mulleres Progresistas de Vigo (2009), o Premio no Certame Nacional de narracións breves Modesto Figueiredo 2013 e o XX premio Ricardo Carvalho Calero de Creación Literaria en 2014