Cart 0

Clark Ashton Smith

Showing the single result

Clark Ashton Smith (1893-1961) foi un poeta, escritor de narrativa fantástica e artista plástico californiano.
No eido da narrativa, é coñecido principalmente por formar o famoso «triunvirato» da revista Weird Tales con H.P. Lovecraft e Robert E. Howard, aos que nunca coñeceu en persoa pero cos que intercambiaba correspondencia.
A súa obra caracterízase por un tratamento da temática truculenta máis intenso do común dentro do pulp, por unha ironía aguda e uns momentos de grande altura poética, xénero que cultivou prolificamente tanto na súa xuventude como nos derradeiros anos da súa vida.
Dentro do eido das artes plásticas, destacou polas súas esculturas estrañas e desacougantes realizadas en esteatito, así como polos seus cadros, dotados dese horror vívido que só se dá nas mentes de poucos xenios.

Clark Ashton Smith
Clark Ashton Smith (1893-1961) foi un poeta, escritor de narrativa fantástica e artista plástico californiano. No eido da narrativa, é coñecido principalmente por formar o famoso «triunvirato» da revista Weird Tales con H.P. Lovecraft e Robert E. Howard, aos que nunca coñeceu en persoa pero cos que intercambiaba correspondencia. A súa obra caracterízase por un tratamento da temática truculenta máis intenso do común dentro do pulp, por unha ironía aguda e uns momentos de grande altura poética, xénero que cultivou prolificamente tanto na súa xuventude como nos derradeiros anos da súa vida. Dentro do eido das artes plásticas, destacou polas súas esculturas estrañas e desacougantes realizadas en esteatito, así como polos seus cadros, dotados dese horror vívido que só se dá nas mentes de poucos xenios.