Arthur Conan Doyle

Mostrando o único resultado

Arthur Conan Doyle (1859-1930) é recoñecido como o creador dun dos máis coñecidos personaxes de ficción da literatura, Sherlock Holmes. O grande éxito que acadaron os libros do detective de Baker Street levouno a deixar a súa profesión de médico para se dedicar de cheo á escrita profesional. Outra das súas creacións é o profesor Challenger, un científico posuidor dunha grande intelixencia mais duns xeitos pouco correctos, que aparecei pola primeira vez na novela O mundo perdido, que describe unha expedición a unha inaccesíbel meseta en Sudamérica onde continúan a vivir criaturas prehistóricas como os dinosauros.