Ariza Piñeiro

Mostrando o único resultado

Ariza Piñeiro é de Carnota, na provincia da Coruña, mais nado en Euskadi (porque os da Costa da Morte nacemos onde queremos). Leva máis de dez anos escribindo relatos de diferente temática, así como algún que outro guión de curtametraxe e compoñendo cancións de rap.
Da súa experiencia como MC e beatmaker nace un estilo narrativo directo e sen excesos, e pola súa faceta como guionista de curtametraxes traspasa aos seus relatos un xeito moi visual de contar historias. Tamén, do seu oficio de fontaneiro, aprendeu que ensamblar tubos para que discorra auga por eles non é tan distinto a ensamblar frases para que discorran ideas.

Ariza Piñeiro
Ariza Piñeiro é de Carnota, na provincia da Coruña, mais nado en Euskadi (porque os da Costa da Morte nacemos onde queremos). Leva máis de dez anos escribindo relatos de diferente temática, así como algún que outro guión de curtametraxe e compoñendo cancións de rap. Da súa experiencia como MC e beatmaker nace un estilo narrativo directo e sen excesos, e pola súa faceta como guionista de curtametraxes traspasa aos seus relatos un xeito moi visual de contar historias. Tamén, do seu oficio de fontaneiro, aprendeu que ensamblar tubos para que discorra auga por eles non é tan distinto a ensamblar frases para que discorran ideas.