Antoine de Saint-Exupéry

Ilustrador, escritor e aviador francés, naceu en 1900 para vivir activamente unha das épocas máis convulsas da Europa recente. As súas participacións na fronte republicana da Guerra civil española e na aliada da Segunda guerra mundial levárono, á fin, a súa pronta morte nas augas do Mediterráneo aos 44 anos de idade.

Malia a súa curta vida, deixou unha obra que marcou a primeira metade do século XX europeo, con temáticas sempre arredor da súa vida como aviador e cunha voz moi persoal. O principiño é, se callar, a excepción, xa que se trata dunha obra poética de lectura filosófica que, finalmente, se convertería no seu libro con máis repercusión. O lionés pasou á posteridade tanto polo seu compromiso social como pola súa calidade literaria.

Non se atoparon produtos que concorden coa selección.