Cart 0

Andrea Barreira Freije

Showing all 2 results

Andrea Barreira Freije, (A Fonsagrada, 1986) é licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e especialista en comunicación medio-ambiental, social e internacional.

En 2015, publicou a novela xuvenil de xénero fantástico, Non hai luz sen escuridade, baixo o selo de Urco Editora.

Participou nas antoloxías colectivas Lendas de Gallaecia, Segunda Era e Encontros na Terceira Era, de Contos Estraños, Tebras na Alma, e Contos de Verán (Redelibros), para un público adulto, como os relatos que publica no fanzine cultural AIRE, fanzine de ARTE. Colaborou en Ilusionaria IV, antoloxía solidaria de contos para crianzas e escribiu historias infantís na web de promoción da lectura Boolino.

Actualmente é codirectora, responsábel de comunicación, xestora cultural e docente en Aire centro de Arte (Compostela). Ademais imparte obradoiros de narrativa para adolescentes e adultos en Gestión Cultural_Taller Abierto (Pontevedra).

A isto, súmanse os traballos como tradutora, dependenta… e o actual estudo de pedagoxía.

A isto, súmanse os traballos como tradutora, dependenta... e o actual estudo de pedagoxía.