Cart 0
Non hai luz sen escuridade Continue reading...

“Non hai luz sen escuridade”, de Andrea Barreira

Coa primavera continúan as novidades en Urco Editora, e desta volta tócalle á Colección Xuvenil. Non hai luz sen escuridade é a primeira novela da brañega Andrea Barreira e cóntanos a historia de Lea, a Princesa da Escuridade, que leva desde que era unha nena a se debater entre o que os seus pais agardan dela e o medo que lle dá aquilo en que pode converterse. Cando chega o momento de facer a viaxe que a…

Continue reading
libros para agasallar Continue reading...

Esta semana, libros de agasallo no web

Urco editora únese á celebración da semana do libro agasallando a todos os que merquen libros a través do web cun libro de balde. Hoxe, 23 de Abril, celébrase o día internacional do libro e a lectura. Como non podía ser doutro xeito, en Urco Editora sumámonos a esta celebración cunha iniciativa pensada para os nosos lectores. Todo aquel que merque calquera libro a través da nosa páxina web, recibirá de balde outro, a escoller entre os…

Continue reading
Cegoñas no fondo da ría Continue reading...

“Cegoñas no fondo da ría” ou unha outra Pontevedra

O novo traballo de Manuel Lourenzo González Cegoñas no fondo da ría é un conxunto de vinte e cinco relatos que recollen outros tantos episodios da historia de Pontevedra nos que os feitos reais se prolongan polos vieiros da fantasía a través de prodixiosos exercicios de imaxinación. Cunha traza de perfecta verosimilitude, vemos desfilar polas rúas antigas desta cidade persoeiros de proxeccción universal como Xulio César, o Preste Xan, Góngora, Carlos de Médici, don Dinís…

Continue reading
o terror sobrenatural na literatura Continue reading...

A «Biblioteca Lovecraft» supera o seu ecuador cunha novela longa e un ensaio

Chegan ás librarías os volumes VIII e IX da «Biblioteca Lovecraft», cos títulos A procura soñada de Kadath a descoñecida e O terror sobrenatural na literatura A publicación da «Biblioteca Lovecraft» avanza inexorábel xa superado o seu ecuador. Deixamos atrás o chamado «Ciclo de Cthulhu», que se compón dos relatos e novelas curtas máis recentes e asemade máis coñecidos do autor de Providence. Logo, internámonos no «Ciclo do Soño», que fechamos co volume VIII: A…

Continue reading