Tenda en liña! 13th Setembro 2011 – Posted in: Uncategorized

Xa temos en marcha a nosa tenda en liña — está perfectamente integrada coa nosa web, de xeito que simplemente consultando o catálogo podes engadir a un carriño da compra os libros que desexes e pagar con PayPal ou tarxeta de crédito. Enviámosche os libros ao enderezo que nos digas cun custo baixo.

Lembra, coma sempre, que temos un programa de novidades ao que te podes subscribir: recibes os nosos libros na túa casa cun 10% de desconto segundo saian do prelo, e cos gastos de envío de balde.

Se prefires as canles tradicionais, o Consorcio Editorial Galego leva os nosos libros ás librarías de todo o país. Se na túa non os atopas, reclámallos ao libreiro!