Cart 0

O monstro metálico 31st Xullo 2010 – Posted in: Novidades

Nos próximos días, sairá outra novidade editorial neste verán cargado de lecturas para levardes á praia. Trátase d’”O monstro metálico” de Abraham Merritt, un dos grandes esquecidos da literatura pulp estadounidense. Inspiración da xeración de Lovecraft, foi rapidamente esquecido no panorama editorial, pensamos que inxustamente. Unha aventura estraña, inesperada, chea de escenarios terroríficos e de segredos estarrecedores. Unha novela de ciencia ficción que sorprenderá aos lectores do xénero. Feliz lectura!

Continue reading

Cambio d'”A casa no confín” 6th Xullo 2010 – Posted in: Mundo editorial, Novidades

Bos días! Como lembraredes, tivemos un problema coa impresión d’A casa no confín e decidimos esperar un pouco para podérmolo imprimir en Sacauntos. Finalmente, o título está listo, con todas as emendas correspondentes e impreso na nosa casa. Todos os subscritores recibiredes o título nos próximos días como vén sendo costume. Aqueles lectores que mercarades esta obra na Feira do Libro de Compostela ou noutro punto de venda, podedes pasar polo noso local para cambiar…

Continue reading