Bases para a colección Alcaián 20th Abril 2010 – Posted in: Miscelánea, Mundo editorial, Novidades

Concretando un pouco máis o noso convite de onte, engadimos algúns datos que vos poderán aclarar a natureza das obras que procuramos. Pedímosvos textos que estean dentro de calquera das seguintes categorías:

Conto: de menos de 25 páxinas a dobre espazo.
Relato curto: a partir de 25 e até 70 páxinas a dobre espazo.
Novela: de 70 páxinas a dobre espazo en adiante.

Xa coñecedes os xéneros que manexamos en Urco, pero non está de máis lembralos:

Literatura Gótica.
Fantasía.
Ciencia Ficción.

Todos os documentos deberán vir en formato .odt (OpenOffice) ou RTF e estar escritos en galego.
Calquera cuestión, non dubidedes en poñervos en contacto connosco. E animádevos!