Cart 0

Urco Editora na Feira do Libro de Compostela

Como sabedes, mañá comeza, un ano máis, a Feira do Libro de Santiago de Compostela e Urco Editora vai estar presente por primeira vez nesta edición. Imos ter á venda todos os nosos libros, incluídas as tres novidades que publicamos hai uns días. Tamén teremos á vosa disposición unhas láminas d’O Corvo que, estamos seguros, quedarían xeniais nas vosas casas. E, como sempre, haberá algunha outra sorpresa nesta semana dedicada ao libro. Esperamos a vosa…

Continue reading

Bases para a colección Alcaián

Concretando un pouco máis o noso convite de onte, engadimos algúns datos que vos poderán aclarar a natureza das obras que procuramos. Pedímosvos textos que estean dentro de calquera das seguintes categorías: Conto: de menos de 25 páxinas a dobre espazo. Relato curto: a partir de 25 e até 70 páxinas a dobre espazo. Novela: de 70 páxinas a dobre espazo en adiante. Xa coñecedes os xéneros que manexamos en Urco, pero non está de…

Continue reading

Colección Alcaián

Xa coñecedes ben a liña editorial de Urco. Apostamos por ela desde o comezo e seguimos crendo nesa aposta. Despois dunhas semanas de darlle voltas á idea na cabeza e de falalo moito, pensamos que podiamos dar un paso máis alá. Por que non apostarmos tamén por os nosos xéneros predilectos creados no país? É por iso que hoxe Urco Editora abre unha convocatoria de creación literaria aberto a todos vós. Requisitos? Só que as…

Continue reading

Tres novidades editoriais

Este mes de abril vén cargado de moitas novidades desde Urco. Comezamos con tres títulos do noso catálogo que, esperamos, sexan do voso agrado. Velaquí as nosas achegas e tede unha excelente lectura! En 1877 dous amigos chamados Tonnison e Berreggnog atopan un manuscrito soterrado entre unhas ruínas nun remoto confín da Irlanda rural. As súas estragadas páxinas contan a estraña historia dun home que habitaba unha casa chea de misterios. O narrador conta como…

Continue reading