A Gorida do Verme Branco, de Bram Stoker 25th Setembro 2009 – Posted in: Mundo editorial, Novidades

capa_stoker1

Continuamos a nosa liña de literatura gótica con Bram Stoker, o autor que viviu á sombra de Dracula, a súa obra máis recoñec ida, mais cuxas outras obras son raras de ver.

A gorida do Verme Branco mestura dun xeito maxistral a narrativa gótica con elementos da novela de detectives, cuns diálogos brillantes e unha narración fluída e en constante ascenso.

A novela conta a historia de Adam Salton, un mozo criado en Australia, que se vai vivir co seu tío avó a un condado da campiña inglesa, onde antano se erguera o reino de Mercia. Corren rumores de que nas profundidades daquelas terras aínda habita un monstro de eras pretéritas ao que chaman “O Verme Branco”. Adam Salton terá que enfrontarse ao perigo coa axuda do ancián Sir Nathaniel de Salis, sabio experto en historia e antropoloxía.

Esta foi a última novela escrita por Stoker, unha obra que desgraciadamente, igual que o resto da produción deste autor agás o antes mencionado Dracula, nunca tivo unha gran difusión. Agardamos que con esta pequena achega axudemos a colocar ao mestre Bram Stoker no lugar que lle corresponde.

Datos do libro:

Título: A Gorida do Verme Branco

Autor: Bram Stoker

Tradutor: Tomás González Ahola

Colección: Gótica

ISBN: 978-84-937142-3-9

Nº de páxinas: 302

PVP: 13.95€

Distribúe: Consorcio editorial galego.

Tamén podes mercar este libro na nosa tenda en liña, seguindo a seguinte ligazón:

http://gzfriki.com/index.php?main_page=product_info&cPath=5_8&products_id=122