Gallaecia nº2 26th Maio 2009 – Posted in: Novidades

portada

Onte saíu do prelo o segundo número de Gallaecia e esta vez chega con novidades. En primeiro lugar, cambiamos de impresor, cun notábel aumento da calidade. Este novo número ten 4 páxinas máis, un total de 28, e segue conservando o prezo anterior, 9,95€.

Os envíos a subscritores están en proceso e o paquete sairá tamén hoxe para a distribuidora. Onte xa saíu unha primeira remesa cara ao Saló do Cómic de Barcelona, onde tamén estarán os nosos títulos Purgatorio e Gallaecia nº1, así como algo de material promocional da editora.

Este número podédelo mercar nas librarías nun prazo dun par de semanas, ou ben a través da tenda en liña gzfriki.com na ligazón http://gzfriki.com/index.php?main_page=product_info&cPath=5_10&products_id=119

promo