Proximamente: O retrato de Dorian Gray 26th Xuño 2008 – Posted in: Merchandising, Novidades – Tags: , ,

Despois dun retraso motivado por cuestións varias, entre elas a inminente apertura da nosa nova oficina, esperamos ter a seguinte novidade no prazo dun mes. Trátase da ben coñecida novela de Oscar Wilde O retrato de Dorian Gray, coa que estrearemos o novo formato de 230x153mm, para libros que superen certa extensión. De feito, se bulimos co proceso de edición (a tradución xa está feita), contamos con ter o libro no Festigal, onde compartiremos posto con Rinoceronte Editora.

Velaquí queda o cartel promocional que levaremos, xunto co libro, aos nosos puntos de venda.

cartaz_doriangray.jpg