Cart 0

Descarga de Sleepy Hollow!

O prometido é débeda, e como non queremos quedar de mentireiros, velaquí está o primeiro “libro liberado” de Urco Editora: Sleepy Hollow e outros relatos, de Washington Irving. Como xa comentamos en anteriores posts, agora mesmo non temos tempo a actualizar a nosa web, logo de momento o documento quedará colgado no blogue á espera de que fagamos unha sección de descargas decente na nosa páxina. O libro vai en formato de texto plano e…

Continue reading

Xa están aquí…

Hoxe toca facer paquetes, preparar envíos, imprimir facturas e notas de entrega etc. Onte chegaron os novos libros a iso das 20:30 da tarde e claro, comeza o reparto! Hoxe prepararemos os paquetes para subscritores, que levarán un marcapáxinas e un urcocolante de regalo, como se pode (ou non) observar na foto. Tamén faremos a distribución en Compostela, co que mañá xa estarán Howard e Chambers nos escaparates da capital. Os novos libros son Relatos…

Continue reading

Fondo de escritorio “Windows? …Pista!”

O que fai o estrés, que aproveitamos calquer intre libre para facer o friki, pero claro, vai na nosa natureza. Velaquí a última idea de Pablo para un fondo de escritorio “Windows? …Pista!” Esperamos que vos guste. Témolo en versión 1024×768 e en 1280×80. Por suposto, está deseñado usando Inkscape e baixo Ubuntu 7.04, claro. Descarga a versión 1024×768 Descarga a versión 1280×800

Continue reading

Urcocolantes. Proximamente no teu PC ou na túa casa

Os últimos días estivemos facendo algo de traballo gráfico para merchandising e naceron os Urcocolantes, que enviaremos aos nosos subscritores como agasallo nos seguintes envíos. Tamén os poremos ao dispor de todo o mundo para que os descargue quen queira, pero con calma, que estamos até arriba de choio. A idea era facer algo divertido e un pouco gamberro, xogando cos deseños das nosas liñas editoriais e coa idea do software libre. E isto foi…

Continue reading

Be Linux

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/PLHjT5-XM9o” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /]

Continue reading

No prelo

Neste momento estarán imprimíndose os seguintes títulos de Urco Editora, aló por Villa y Corte, xa que de momento no noso país non achamos ninguén que nos iguale o prezo dos nosos impresores. Continuamos o formato mediano con Relatos de Terror Sobrenatural, de Robert E. Howard, unha escolma de catro contos do creador de Conan o Cimmerio dedicados aos horrores lovecraftianos. Inclúense os relatos “A pedra negra”, “Os fillos da noite”, “Os vermes da terra”…

Continue reading

Robert E. Howard e o terror sobrenatural

O vindeiro luns entrará en imprenta o próximo título de Urco Editora: Relatos de terror sobrenatural, de Robert Erwin Howard. Se ben Howard é bastante coñecido por ser o pai de Conan, o bárbaro cimmerio levado posteriormente á banda deseñada e tamén ao cinema, non son demasiados os que coñecen a extensión da súa obra de xénero de terror sobrenatural. Como colega e discípulo de H.P. Lovecraft, Howard trata os temas dos horrores primixenios, a…

Continue reading

Estreamos blogue

Urco Editora estrea blogue na blogaliza! Nel pretendemos ir informando periodicamente das nosas novas publicacións e das novas relacionadas co mundo da edición en galego, o mundo da fantasía, a ciencia ficción e o terror, e do software libre. Mil grazas a Goretoxo pola axuda!

Continue reading